Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2017


A Mancomunidade de Concellos de Ordes pon en marcha o Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2017 para posibilitarlle a mozos e mozas de 18 a 30 anos facer prácticas de dous en empresas doutros países europeos.

O prazo de inscrición empeza o día 21 de xullo e remata o 4 de agosto. Hai 20 prazas dispoñibles en 3 países (10 prazas para o Reino Unido, 5 prazas para Italia, 5 prazas para Portugal) e o programa contempla cubrir os custos ao 100%.

Para máis información e inscricións deberá poñerse en contacto coa Mancomunidade:

Correo electrónico de contacto: emprego@mancomunidadeordes.gal
Teléfonos de contacto : 981680002

Información de interese:

BASES

CRITERIOS DE VALORACION

FICHA DE INSCRIPCIÓN