“Rescaldo en Tordoia” exposición de fotografías de retrato


O concello de Tordoia convida a todos os veciños e foráneos a visitar na casa de cultura municipal, ao longo deste mes de marzo, a exposición “Rescaldo de Tordoia” que mostra unha serie de fotografías de retrato realizadas en 1982 pola profesora de fotografía do Mestre Mateo, Mari Veiga e que nace coa intención de acender novamente a cultura galega dos nosos devanceiros entre os visitantes.

A actividade está enmarcada nun proxecto do departamento de lingua galega do colexio CPI Pecalama que ten como eixo temático ás escritoras deste municipio Begoña Picón e a mencionada Mari Veiga, e en en cal colabora o concello.

Onte os alumnos do Pecalama fixeron a súa visita e puideron gozar dos retratos de anciáns de diversas parroquias, así como de contos, recordos e historias dos nosos veciños e dun grupo de pandereteiras de Anxeriz.

No acto de presentación participaron o alcalde Antonio Pereiro, así como diversos concelleiros e concelleiras municipais.