Finalización das obras do Abastecemento en Paraños


O día 03/12/2021 finalizaron as obras do Abastecemento en Paraños. A actuación consiste na instalación de 2.260 m de tubaxe de abastecemento de Øext. 90 mm de fundición dúctil C-25 dende o depósito existente no lugar de Piñeiro ata a entrada de Os Paraños na parroquia de San Cibrán de Vila do Abade.

Previamente a instalación da tubaxe procedeuse a apertura de foxo e demolicións necesarias, para unha vez instalada proceder ao recheo e compactado do foxo, así coma a reposición dos firmes afectados.

Instalaronse 3 válvulas de corte, 2 ventosas e 2 válvulas de baleirado, instaladas en arquetas. Para dotar da presión necesaria no final de nova tubaxe foi necesaria a instalación dun grupo de presión de velocidad variable formado por dúas bombas (1+1) para auga limpa verticais multietapa

de frecuencia 50 Hz con fluxo nominal 2,3 l/s para unha altura de impulsión de 50 m. que foron instalados nunha caseta de 2×2 m fabricada en bloque tipo split con cuberta de panel tipo sándwich imitación tella e porta de acceso.

Con un Orzamento de 79.844.72 €, 50.000 foron aportados por Augas de Galicia estando cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)